Circuíto de Karting da Madalena

Track Version
Track Open Tocar, Kart, motorcycle
Length3,839 ft
Turns14
Laps Uploaded0
Opened31.12.2007

4 Wheels Record

  • Time Lap: 00.000
  • Rider/ Driver: N/A
  • Kart: N/A
  • Date: 31.08.2022

FASTLAP Record

  • Time Lap: N/A
  • Rider/ Driver: N/A
  • Date: N/A

2 Wheels Record

  • Time Lap: 00.000
  • Rider/ Driver: N/A
  • Motorcycle: N/A
  • Date: 31.08.2022

About

O Circuíto de Karting da Madalena xorde como un proxecto que dá resposta a unha demanda de lecer que cada día está mais en auxe, ademais de supor un elemento revitalizador do concello de Forcarei. Vemos que cada día mais moz@s , e non tan moz@s, se apuntan a un xeito de sentir e gozar do seu tempo de lecer relacionado co mundo do motor. É por isto polo que se fai preciso prestar uns servizos axeitados á práctica segura e sa deste deporte. Desde o Concello trátase, sempre dentro da medida do posible, de satisfacer os anceios dos veciños pondo en marcha proxectos que poidan transformar estes desexos nunha realidade palpable. No caso deste Circuíto, levado a cabo mercé ó respaldo económico dado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra, tamén ten moita "parte de culpa" a xenerosidade amosada pola "Comunidade de Montes da Madanela", quen cedeu parte dos terreos sobre os cales se asenta. Sen esta aportación o proxecto do cricuíto quedaría so niso, "en proxecto", xa que un pode ter a intención e as ganas de facer cousas, pero sen medios e recursos non se poden acadar os fins. Ben é certo que a afección polo motor neste concello ven de antigo, xa que no lugar de Soutelo de Montes relizouse durante moito tempo unha das probas do Campionato Galego de Karting nun trazado de carácter urbán, que impulsou a Escudería Soutelo Motor, e na cal corría Julio Iglesias, que obtivo resultados notables participando en categorias xuvenís. O tempo deunos a razón en canto ós obxectivos que se pretendían acadar con esta iniciativa: Por unha banda ofrecéselle á xente un lugar no que gozar do deporte do motor, tanto na modalidade de afeccionado coma na de profesional. Non en van este circuito está a formar parte do calendario do Campionato de Galicia de Karting, e xa só no pasado 2008 celebráronse nel 3 probas do devandito Campionato( 27 de Abril, 3 de Agosto e 29 de Setembro), ademais de ser sede dunha das probas da Challenge a Gas de Karting 2008 (27 de Abril), certame de ámbito nacional organizado pola empresa cántabra PTR- FERROSITE, que conta entre outros co patrocinio de REPSOL GAS.

Contacts

  • Phone Number: +34 986 75 50 36
  • Website: http://www.forcarei.net/

Track Map